A cabalgata de Papá Noel visita Cedeira este sábado

O trineo de Papá Noel comezará o seu percorrido por Cedeira este sábado 23 ás 18.00h desde o Centro de Saúde, desde onde encabezará unha cabalgata co famoso Rudolf, varios elfos, o Grinch e outros personaxes navideños.

A comitiva, un ano máis organizada por Protección Civil, realizará un percorrido polas principais rúas do casco urbano de Cedeira, con animación musical e lanzando caramelos aos nenos que atopen ao seu paso. O paseo rematará na sala Áncora, na praza Roxa, onde Papá Noel recibirá ás crianzas que queiran entregarlle persoalmente as súas cartas.

Este venres 22, inaugurarase o parque de xogos que o Concello abre para as festas de Nadal no Polideportivo Municipal. De 16.30 a 20.30h, todos os días ata o 4 de xaneiro agás os festivos, haberá inchables e outras actividades a cuberto neste espazo.

O sábado 23, o mesmo día da cabalgata de Papá Noel, funcionará o parque de xogos tamén pola mañá, de 11.30 a 14.00h. Xa despois dos festivos, os xogos volverán a abrir o martes 26, sempre con entrada de balde.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …