Adxudicada en Ares a renovación da rúa Fomento

A concellaría de Urbanismo do Concello de Ares vén de informar da adxudicación das obras na rúa Fomento, unha actuación que mellorará os servizos e os pavimentos e que se configura, ademais, como unha das importantes intervencións urbanísticas que se realizarán en Ares dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, cunha achega de 155.139,93 euros para materializar o proxecto municipal.

Segundo o proxecto técnico, as obras renovarán a rede de saneamento, pluviais e abastecemento de auga, levándose a cabo tamén obras civís no alumeado, na electricidade e nas telecomunicacións.

Ademais, cubrirase a rúa cunha capa de rodadura de formigón, eliminando así as irregularidades do firme existente, instalarase un pavimento de loseta hidráulica similar á actual e realizarase a sinalización horizontal en todo o ámbito de actuación.

Sobre os fondos que se executan a través do POS da Deputación, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, contextualizou a planificación municipal: “Todas as actuacións que incluímos no Plan Único enfócanse principalmente á mellora e renovación da infraestrutura de abastecemento e saneamento e, tamén, á execución de novas pavimentacións. Acontece así na rúa San Xosé, na rúa Fomento e na rúa dos Anxos, todas no POS 2022 e POS adicional deste ano”.

Entre as tres actuacións, supéranse os 425.000 euros de investimento total sumando fondos provinciais e municipais.

Lea también

CCOO denuncia la aprobación «sin consenso» de la relación de puestos de trabajo en el Ayuntamiento de Cerdido

CCOO ha denunciado la aprobación «sin consenso» de la modificación de la relación de puestos …