Moeche volve organizar o Campamento Deportivo de Nadal

Alén do mercado e da visita real, en Moeche haberá máis oferta de lecer para os nenos. De feito, a concellería de Deportes volve organizar o Campamento Deportivo de Nadal como proposta a medio camiño entre o divertimento infantil e a conciliación doméstica durante as últimas vacacións do ano.

A actividade desenvolverase polas mañás entre este martes 26 e o venres 29 de decembro. Para inscribirse, hai que presentar esta ficha no rexistro municipal ou na Sede Electrónica. O coste por neno é de 20€ que inclúe os gastos de seguros, merendas e monitores. A ordenanza reguladora do servizo contempla descontos no caso de que vaian dous ou máis irmáns.

A temática do campamento, dirixido a rapazada de 4 a 12 anos, xirará entorno á práctica deportiva e os hábitos saudables por medio de xogos tradicionais, deportes en equipo, visitas e exhibicións de clubs e, a media mañá, unha merenda equilibrada e axeitada para cargar as pilas.

O campamento desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 10:00 a 14:00h tendo como base o Pavillón Municipal, aínda que se veñen días solleiros tamén se farán algunhas actividades no exterior.

Para obter máis información sobre esta actividade pódese falar directamente co técnico de Deportes no Concello, ou contactar con el a través do 981 404 006 (ext3) ou do correo daniel.feijoo@moeche.gal

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …