O BNG de Narón reclama un estudo integral para o complexo deportivo Río Seco

O estadio municipal de Río Seco de Narón,  son unhas instalacións que contan con campo de céspede natural, con grada cuberta; campo de herba artificial; pista de atletismo con oito rúas, pista de lanzamento e, a futuro, unha zona cuberta para a práctica do atletismo. Neste estadio practican deporte SDCR O Freixo, CF Estrella, Club de Atletismo Narón e Náutico de Narón o que equivale a máis de 700 deportistas practicando deporte nas instalación.

Até o momento, critican no BNG que as obras de mellora se foron facendo “por parches” e as inversións “están a ser moi elevadas para o resultado final. Precísanse ter uns novos vestiarios ou ampliar os existentes, a homologación das pistas de atletismo e, en definitiva, un estudo integral do complexo para traballar e crear unha cidade do deporte no lugar” declara Marta Grandal, responsábel local do BNG.

Por todo isto, o BNG no pleno municipal de Novembro presentou unha moción que se aprobou por unanimidade e onde o goberno afirmou de que tiña un estudo integral “nós non tiñamos coñecemento deste estudo en realidade mais, xa que dixeron que o había, solicitámolo o 5 de Decembro por rexistro e, case quince días despois, aínda non nos fixeron achega. Iso é ou que non existe ou que o están a facer agora sen o soporte técnico axeitado. Pedimos que se traballe doutra maneira e que se cumpran os acordos plenarios” indica Grandal.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …