O BNG de Narón solicita a adhesión ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla

O BNG de Narón presenta unha moción para a adhesión de Narón ao centro de transformación agroalimentario Fusquenlla, un Centro de Transformación Agroalimentaria intermunicipal e de xestión pública que está promovido polos concellos de Cerdido, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño na actualidade.  Está previsto que no mes de xaneiro máis concellos se adhiran a esta iniciativa como é o caso de Cedeira e, desde o BNG, reclaman «que Narón sexa un dos concellos adheridos».

O BNG de Narón a través dun comunicado afirma que «na actualidade hai 102 persoas inscritas para realizaren cursos de formación no centro ou esperando para facer uso del e que, unha gran parte, xa son naroneses»

«De feito, a colaboración intermunicipal fixo posible que o centro, con dous anos de vida en funcionamento atraia persoas da comarca e alén dela para os cursos de formación e uso das instalacións». “No BNG sabemos que o sector primario precisa impulso e, Narón, ten case tres cuartas partes do seu territorio en zona rural e moitas familias con producións pequenas, excedentes de froita e/ou produtos de horta»

«Sabemos que o concello mostrou interese pola iniciativa polo que presentamos esta moción para dar o impulso definitivo. Cun decreto de alcaldía xa sería posible e confiamos que desde o goberno así o fagan” indica Ledo, voceira municipal do BNG.

Desde o BNG esperan que a moción saia aprobada por unanimidade.

Lea también

Odeón acoge el XXXIII Torneo Universitario Lóstrego de ajedrez

La Plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón será el escenario elegido un año más …