Cerdido celebra o Nadal por todo o alto con actividades para toda a familia

O Concello de Cerdido presenta o seu programa de actividades de Nadal que se desenvolverá durante as vacacións escolares. O municipio acollerá unha gran variedade de plans para rapazada e maiores.

A primeira das actividades trátase dun obradoiro de arranxo floral, que terá lugar o xoves 21 de decembro, na Casa da Cultura. O taller correrá a cargo da paisaxista e mestra floral, María Rykava, e as persoas asistentes deseñarán un centro de mesa con motivos de Nadal.

O sábado 23, o Concello acollerá a obra de teatro ‘Ninja’, do grupo os Ghazafelhos. Unha representación para toda a familia na que se reflexiona sobre o acoso escolar, o respecto e a diversidade.

As representacións teatrais terán continuidade o seguinte sábado 30 de decembro, coa función infantil ‘O vendedor de fume’. A obra fará uso de maxia, música, monicreques, e a interacción co público para contar esta historia en clave de humor.

Finalmente, o 6 de xaneiro, terán lugar as actividades de Reis, que comezarán coa misa cantada pola Coral Eixil. Ademais, poderase visitar o Belén vivinte e os nenos poderán gozar da cabalgata de Reis e de diversas actividades lúdicas infantís

Lea también

Un centenar de vecinos en Neda participa en la merienda de Navidad de los mayores

  Los mayores de Neda comenzaron la Navidad una vez más, de la forma más …