Formoso e Besteiro anuncian en Navantia-Ferrol o inicio do corte de chapa da segunda F-110

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado e presidente da Comisión de Transportes do Congreso, José Ramón Gómez Besteiro, e a deputada de Emprego, Rosa Ana García, visitaron o estaleiro de Navantia en Ferrol.

Besteiro anunciou o inicio “a finais desta semana” do corte de chapa da segunda das cinco fragatas F-110 que se construirán en Ferrol e o inminente inicio das obras da nave dixital de bloques, tras a súa adxudicación.

Tras manter unha reunión cos responsables da factoría e visitar as distintas naves e dependencias do estaleiro, Besteiro anunciou que esta mesma semana comezará a adxudicación e posterior construción da fábrica dixital de Bloques, un importante investimento que forma parte do novo ecosistema dixital para a renovación dos centros de produción ao amparo da construción das fragatas contratadas pola Armada Española.

A nova infraestrutura suporá “un antes e un despois” para o estaleiro ferrolá, afirmou. Ademáis, anunciou tamén para esta semana o corte de chapa da segunda das cinco fragatas que compoñen o programa F-110 da Armada Española. Besteiro destacou que o contrato para a fabricación dos buques “contará cun investimento directo do Goberno de España de 4.320 millóns de euros e que xerará 9.000 empregos, como mínimo, ata o 2032”.

Formoso destacou o papel de Navantia como “gran tractor da industria e o emprego”, que xera 4.000 empregos directos, o 15% de todo o emprego industrial da provincia, e impulsa grandes avances tecnolóxicos que están entre os máis competitivos do sector en todo o mundo.

Lea también

Zarpa de Ferrol, tras casi 11 meses de reparación en Navantia, el buque de apoyo de parques eólicos marinos

El buque ‘Brave Tern’, actualmente navegando bajo bandera Malta y perteneciente a la empresa Fred …