Posible creación en Cedeira dun porto deportivo

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e o concelleiro José Antonio Rodríguez mantiveron unha reunión co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, para abordar diferentes cuestións entre as que estiveron a necesidade de realizar as obras de saneamento na zona portuaria da localidade e a posible creación dun porto deportivo na localidade.

Moreda Gil destacou o clima de diálogo e a vontade de colaboración que as dúas partes amosaron no encontro.

En canto ao saneamento, os representantes do Concello incidiron en que a falta dunha correcta recollida e tratamento das augas residuais e pluviais desta zona incide na calidade da auga da ría e na actividade do marisqueo.

Portos de Galicia comprometeuse a analizar esta demanda.

A creación do porto deportivo foi outro dos temas que se abordaron na reunión, celebrada na sede de Portos de Galicia na Coruña. Tal como explicou Moreda Gil, o goberno local é consciente de que as condicións da ría de Cedeira non permiten un gran número de amarres, pero si existe a posibilidade de crear entre 50 e 60 prazas para embarcacións de recreo.

A idea foi ben acollida polo responsable de Portos, de maneira que o goberno municipal de Cedeira vai elaborar un estudo técnico que apoie a viabilidade da actuación.

Por último, o encontro foi aproveitado por Moreda e Rodríguez para presentar unha demanda da Confraría de Pescadores respecto ao estado do seu edificio. Segundo explicou o alcalde, o inmoble presenta humidades e outros problemas que cómpre resolver.

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …