O Concello de Ares conta cunha nova varredora

No Concello de Ares levouse a cabo a presentación da nova varredora destinada á área municipal de Servizos.

Este moderno equipo foi entregado por Celtaprix, a concesionaria do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria, ao grupo de goberno municipal, nun acto que tivo lugar fronte ao Consistorio.

A entrega contou coa presenza do responsable municipal de Servizos, José Juan Vilar, que estivo acompañado polos concelleiros do equipo de goberno. O edil de Servizos salientou a importancia deste novo vehículo, resaltando que a implementación desta maquinaria supoñerá unha optimización substancial do servizo de limpeza viaria.

“Trátase dun vehículo de maior capacidade e prestacións, cuxo tamaño e potencia permitirán ofrecer un servizo eficiente tanto nas actividades diarias como en eventos de maior envergadura”.

O concelleiro Vilar tamén destacou que a posta en marcha desta varredora será inmediata, estando operativa a partir deste martes 28

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …