Apertura en Narón do prazo de inscrición nos cursos “LibreOffice Base” e “Deseño web”

O concelleiro de Novas Tecnoloxías do Concello de Narón, Román Romero, informou que está aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos convocados a través da plataforma Cemit.

“LibreOffice Base” e unha acción formativa de nivel básico de “Deseño web”. Cada un disporá dun total de 12 prazas e impartiranse, tal e como avanzou o edil naronés, do 1 ao 21 de decembro na Aula Cemit de Xuvia.

O curso de ofimática “LibreOffice Base” será en quenda de mañá, de luns a venres entre as 9:30 e as 13:30 horas e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/44298.

En canto á outra proposta, o curso de nivel básico de “Deseño web” sobre capacitación avanzada en ferramentas TIC para a creación de páxinas web, as clases serán en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, e as inscricións poden tramitarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/44299.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …