O BNG de Narón solicita un proxecto integral nas instalacións de Río Seco

O BNG de Narón rexistrou unha moción solicitando un proxecto integral nas instalacións do estadio de Río Seco, onde practican deporte distintos clubes da localidade.

O BNG a traves dun comunicado expresa que «o Estadio Municipal de Río Seco é un conxunto de instalacións onde practican deporte máis de 700 deportistas de catro clubes distintos da localidade, SDCR O Freixo, CF Estrella, Clube de Atletismo de Narón e Náutico de Narón»

«Alberga campos de fútbol de céspede natural e artificial, pista de atletismo, pista de lanzamento… pero con tan só catro vestiarios, dos cales dous son moi pequenos, nunhas instalacións nas que se poden chegar a xogar máis de 3 e de 4 partidos de fútbol ao mesmo tempo que se practican outros deportes; gradas e aparcadoiros insuficientes para a cantidade de deportistas que se poden concentrar nas instalacións nalgúns adestramentos ou competicións»

Desde o BNG de Narón solicitan por parte do goberno municipal «a homologación das pistas de atletismo coa maior celeridade posíbel, aconstrución de máis vestiarios e adecuación dos existentes, a construción grada para a herba seca e a elaboración dun proxecto técnico que integre o conxunto»

“Non entendemos unhas instalacións coma Río Seco cun novo campo de herba artificial sin gradas, con catro vestiarios para tantos deportistas, sen homologación das pistas de atletismo… por iso pensamos que é preciso facer un proxecto integral para estas instalacións, onde practican deporte moitas e moitos deportistas que representan a Narón nos seus respectivos deportes de base de tamén de élite”, dí Olaia Ledo, a portavoz municipal.

Se adxunta o audio de Olaia Ledo

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …