Cerdido instalará 3 mini puntos limpos para realizar a recollida selectiva de novos elementos de residuos

O Concello de Cerdido destinará 9.900 euros para a colocación de 3 puntos limpos, que servirán para realizar a recollida de novos elementos de residuos.

Para levar a cabo esta actuación, recibirá unha subvención de 8.910 euros, que se destinarán ao financiamento de materias de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Esta cantidade, xunto a achega restante, que correrá a cargo das arcas municipais, irá destinada á colocación de 3 puntos limpos, que estarán localizados de xeito estratéxico no termo municipal para recollida selectiva de novos elementos, que na actualidade non existen, como cartuchos de tinta, material escolar ou lámpadas led e incandescentes. Neste orzamento está contemplado o transporte a instalación, así como os gastos de personalización dos puntos, incluído o deseño e impresión da carteleira interior.

Con esta actuación o Concello de Cerdido promove a concienciación social, que redundará na recollida selectiva de residuos e, do mesmo xeito, mellorará o servizo mediante a dotación de elementos de proximidade que faciliten aos veciños e veciñas a entrega deses restos que ata o de agora carecían de recollida específica.

Ditos contedores terán sete bocas de entrada de materiais de desbote claramente identificados e con paneis informativos sobre os residuos a depositar en cada unha das bocas. O interior destes departamentos está organizado en celas individuais de xeito que cada tipo de residuo se garde en compartimentos separados no seu interior Son contedores de recollida selectiva para pequenos residuos e que se adaptan completamente ao espazo urbano, integrándose coa paisaxe da contorna.

En palabras do rexedor local, Alberto Rey, “coa colocación destes novos contedores conseguiremos unha mellor separación dos residuos no nos Concello, mellorando o servizo de recollida de lixo e facilitando o acceso a este tipo de contedores á veciñanza”.Para o noso equipo de goberno a protección do medio ambiente é unha prioridade, por iso as políticas de carácter ambiental gozan dun gran espazo na nosas liñas a seguir, e este tipo de actuacións forman parte delas” engadiu o Alcalde.

Lea también

AIC pon en marcha o V concurso infantil de postais de Nadal

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC pon en marcha a quinta edición do seu concurso …