FeC anuncia a presentación de alegacións á Ordenanza Municipal de licencias

Ferrol en Común a través du comunicado expresa que este mérsores 15 ditaminouse en Comisión Informativa de Urbanismo a Ordenanza Municipal reguladora dos títulos habilitantes urbanísticos e das actividades, sobre «a que xa nos pronunciamos a pasada semana pola falta de transparencia e participación na súa tramitación»

«Despois de realizar un primeiro estudo da norma, consideramos que esta Ordenanza vai xerar máis inseguridades que certezas para a veciñanza de Ferrol. A figura do silencio administrativo positivo coma forma de outorgamento de licencias non é unha opción seria e produce unha grande incertidume para as persoas promotoras das obras que non saben con certeza se están a cumprir cos requisitos urbanísticos exixidos polo Concello e polo tanto podería ocasionarlles graves prexuízos»

Ferrol en Común «estudará a fondo o texto co fin de realizar achegas en tempo e forma, que contribúan a mellorar un regulamento urbanístico que dea seguridade á veciñanza, axilice verdadeiramente os trámites urbanísticos para calquera fin e facilite a tramitación destes expedientes tanto para a propia administración coma para a cidadanía»

Lea también

El TSXG declara improcedente el despido disciplinario de un trabajador que abandonó su puesto de trabajo en el astillero sin avisar

Subraya que la conducta del demandante no supuso un riesgo para la plantilla ni causó …