O BNG de Narón reúnese coa deputada provincial do bloque, Cristina García

O BNG de Narón presentou un decálogo de necesidades para a cidade e traballar para futuros encontros con entidades e asociacións da localidade coa deputada provincial Cristina García.

García é a responsable na administración provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios (POS). O encontro tivo lugar no local do BNG en Narón e nel, ademais de Ledo, estivo a responsábel local Marta Grandal e, o membro do consello local, Manuel Teijeiro.

“Nos últimos anos os investimentos principais de Narón realizáronse a través do POS , área que ostenta o BNG no goberno da Deputación desde hai oito anos. Unha boa relación entre administracións é importante e agradecemos a disposición de Cris para levar ao ente provincial as necesidades da octava poboación deste país”, declara a voceira municipal, Olaia Ledo.

Desde o BNG de Narón afirman que co BNG na Deputación, “Narón ten e terá un aliado para avanzar”

Lea también

La Xunta inicia en Narón la conversión de un local vacío en 14 viviendas públicas

Esta actuación, con una inversión de 1,6 M€, permitirá transformar en hogares unos locales que …