Axenda en Narón do 10 ao 12 de novembro de 2023

Venres 10 de novembro de 2023

Actividade: “Espazo xove”; na Casa da Mocidade, de 17.30 a 20.30 horas.

O Concello de Narón  organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Nesta xornada haberá un torneo de futbolín. A entrada é de balde.

Actividade: IV Xornadas micolóxicas; na Cooperativa do Val, de 18.30 a 21.00 horas.

O Concello organiza esta iniciativa en colaboración coa Asociación Terra Rendible e a Cooperativa do Val. Persoal da Asociación micolóxica Viriato será o encargado de impartir a convocatoria, que é de balde e require inscrición previa.

Actividade: Jazz: A Vella Dixieland; no Pazo da Cultura (Café Teatro) ás 20.30 horas.

O Café Teatro do Pazo acollerá o concerto no que A Vella Dixieland celebrará o seu corenta e un aniversario sobre os escenarios, ao non poder festexalo o pasado ano debido á pandemia da Covid-19. Coa proposta “1917”, ano coa referencia máis antiga que atoparon sobre o inicio deste estilo musical a finais do século XX, volverán ao jazz máis tradicional. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 11 de novembro de 2023

Actividade: IV Xornadas micolóxicas; no Local social do Val, de 9.30 a 17.30 horas.

O Concello organiza esta iniciativa en colaboración coa Asociación Terra Rendible e a Cooperativa do Val. Persoal da Asociación micolóxica Viriato será o encargado de impartir a convocatoria, que é de balde e require inscrición previa.

Actividade: Actividade “Desmontando o Concello de Narón”; na Biblioteca municipal ás  11.00 horas.

O Concello organiza esta actividade lúdica, dirixida a menores a partir decatro anos, con motivo da programación do Día de Narón, que se conmemora cada 23 de novembro. Os menores coñecerán parte da historia e da xeografía da cidade a través dun xogo de pistas e un crebacabezas. A actividade require inscrición previa.

Actividade: Recreación da Esfolla en Doso; na Pista polideportiva de Doso e inmediacións, a partir das 17.00 horas.

O Padroado da Cultura e a asociación de veciños “A Naveira”, de Doso, organizan unha nova edición deste evento, no que haberá unha exposición e un obradoiro de bonecos de maínzo, música e danza tradicional e dous concursos, un de sobremesas e outro de debagado de maínzo. Dende a entidade veciñal ofrecerán chocolate cociñado por mulleres da parroquia.

Actividade: “Espazo xove”; na Casa da Mocidade, de 17.30 a 20.30 horas.

O Concello organiza esta iniciativa, dirixida á mocidade de entre 12 e 16 anos e que inclúe numerosas actividades de ocio en catro espazos diferenciados, para videoxogos, xogos cooperativos, lectura e debuxo e pintura. Esta xornada estará adicada a un obradoiro de macetas con estilo, “florarte reciclado”. A entrada é de balde.

Actividade: Musical “Chicago life. El musical”; no Pazo da Cultura, ás 20.00 horas.

O show “Chicago life. El musical” chega ao Pazo con trepidantes coreografías e grandes voces en directo para poñer en escena as mellores cancións de películas como “La la Land”, “Cabaret”, “Burlesque” e “Chicago”. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura:
www.padroadodecultura.es.

Domingo 12 de novembro de 2023

Actividade: El musical de Coco “Recuérdame”; no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas.

A Compañía de Teatro Musical de España trae ao Pazo “El musical de Coco. Recuérdame”, unha proposta para público familiar e infantil (a partir de 2 anos) baseada nunha das películas máis entrañables de todos os tempos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …