Xosé Regueira destaca “o éxito dos produtos vinculados ó territorio” no Fórum Gastronómic de Barcelona

“Un ano máis, vemos como os produtos locais, de KM0, moi vinculados ó territorio, representan un dos maiores atractivos gastronómicos” destaca o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, nesta segunda xornada de Fórum Gastronómic de Barcelona, na que a entidade provincial participa con diferentes actividades que están resultado un éxito de participación.

Unindo produto e territorio

Unha xornada que comezou ás 12h coa degustación dos vermús Green Mixology e Bravú, “elaborados con auga do seu territorio, da Costa da Morte” apunta Regueira, para continuar ás 13h co showcooking de Silvia Facal, do Restaurante Balarés, que cociñou berberechos do Anllóns e xarda de Malpica e verdinas de Coristanco 

“Todas as actividades están repletas dun público profesional que valora o produto e a maneira de tratalo”, o que referenda a aposta da área de turismo da Deputación por promocionar “os sabores e os saberes da provincia da Coruña”.

Degustando os saberes e sabores coruñeses

Ás 14h, hai unha degustación de fabón con nécora a cargo da Despensa D’Lujo e, a partir das 15h, o sumiller e CEO de Choiva Viños, Alberto Varela, imparte unha charla sobre viños coruñeses, que se poden probar na exposición permanente da empresa no stand da Deputación.

A actividade máis chamativa, que onte captou as miradas e os sorrisos de numerosos asistentes, é a elaboración do ritual tradicional da queimada, que ten lugar hoxe de novo ás 16h. “Sorprende ver como as nosas tradicións conquistan ó público máis esixente, que non quere perder este espectáculo e que non deixa de gravalo cos seus teléfonos móviles”, sinala Regueira.

O postre da xornada corre a cargo dos chefs Eva María Guzmán e Fernando Rodríguez, de “O Secadeiro de Outes” que mesturarán vangarda e tradición, mar e montaña, para ofrecer unha vieira curada en auga de mar, figos caramelizados e aceite de folla de figueira, e repolo asado e fermentado, papada ibérica e caldo de alga kombu

“É un orgullo ver como os nosos produtos, as nosas tradicións e os nosos profesionais triunfan nun evento de tan alto nivel como é este”, afirma Regueira. “Sen dúbida, a nosa provincia sabe como conquistar os padais e os corazóns de todos os que a coñecen”, engade.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …