Os Vixilantes-Emisoristas do SPIF da Xunta de Galicia convocan una concentración en Santiago

cartel colectivo vixilantes e emisoristas forestales

O colectivo de Vixilantes-Emisoristas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia formado por mais de 200 traballadoras/es das categorias de Emisoristas e Vixilantes do SPIF. Convoca unha concentración o 6 de outubro as 10.30 horas, diante da Dirección Xeral de Defensa do Monte, en Santiago de Compostela, para reclamar o recoñecemento das funcións que desempeña realmente este persoal e unha revisión da súa clasificación profesional.

As persoas integrantes do colectivo desenvolven funcións que van moito máis alá dunha simple transmisión de comunicacións. Entre as súas tarefas atópanse a recepción, validación, rexistro e seguimento en tempo real das alertas e incendios forestais; o control permanente da situación operativa; o seguimento da dispoñibilidade dos medios humanos e materiais; a coordinación e comunicación cos recursos; así como a mobilización e control dos medios terrestres e aéreos segundo as instrucións operativas.

Estas funcións adquiren especial relevancia durante as situacións de emerxencia e nos períodos de máxima actividade, nos que un mesmo emisorista pode ter que realizar simultaneamente o seguimento de varios incendios, controlar a situación de numerosos efectivos e recursos, actualizar continuamente a información operativa e manter comunicación constante cos distintos niveis de mando.

O colectivo destaca que este traballo implica un elevado nivel de coordinación, responsabilidade, concentración e presión operativa, xa que a rapidez e precisión da información manexada poden ter unha incidencia directa na resposta ante unha emerxencia.

Actualmente, o persoal emisorista-vixilante funcionario está encadrado no subgrupo C2, nivel 14, mentres que o persoal laboral permanece nunha clasificación dun grupo V, que non reflicten en absoluto a evolución das funcións realmente desempeñadas. Por este motivo, reclaman que se actualice a definición das súas funcións, se realice unha valoración adecuada dos postos e se abra unha negociación que permita adecuar a clasificación profesional e as condicións retributivas á responsabilidade, complexidade técnica e carga operativa que implica o traballo.

O colectivo considera necesario que a Administración recoñeza de maneira efectiva o papel que desempeñan os Vixilantes-Emisoristas dentro da estrutura de coordinación e resposta fronte aos incendios forestais.

Queremos subliñar que a esta concentración só acudirá o personal que se atope de libranza, permanecendo por responsabilidade, nos seus postos, en centros de coordinación e torres de vixilancia o 100% do persoal que ten quenda de traballo, xa que nos mellor que ninguen, coñecemos a gravidade dos incendios forestais e as consecuencias que tería para o operativo a ausencia dos seus postos de Emisoristas e Vixilantes.

Todas as formacións sindicais con representación no servicio foron invitadas a sumarse a esta concentración.

Lea también

Os concellos da provincia da Coruña xa poden solicitar a súa adhesión á rede de Concellos Contra o Cancro

A Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña abre hoxe o proceso de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *