Se reanuda en San Sadurniño a prestación do servizo de Educación familiar

O Servizo de Educación familiar do Concello de San Sadurniño encárgase das actividades e programas socioeducativos dirixidos ós pais e ós seis  fillos, co obxectivo de fomentar unha aprendizaxe mutua que beneficie tanto a convivencia como o desenvolvemento das menores desde bebés ata ben pasada a adolescencia.

Neste sentido, o departamento organiza anualmente as Escolas de familias, o antigo Preescolar na casa, e  obradoiros relacionados coa comunicación ou coa prevención de condutas aditivas de todo tipo, sen contar con que os programas que leva a cabo tamén se coordinan sempre coas áreas de Igualdade e de Servizos Sociais.

Nos últimos anos o servizo de Educación familiar ampliou o seu labor traballando de maneira intensa e non sempre visible na atención, apoio e seguimento da situación de persoas en risco de exclusión, así como na abordaxe de casos de violencia de xénero e doutras situacións que precisan unha intervención inmediata e un acompañamento posterior no que teñen tanto valor os coñecementos técnicos para a busca de recursos axeitados como a capacidade de empatizar coas persoas que precisen a axuda profesional.

Trala creación da bolsa de emprego de Educación familiar para a cobertura de baixas ou ausencias da técnica titular, o Concello xa acudiu a ela para facer o primeiro chamamento convocando para contratación (segundo os criterios de funcionamento da lista) á Educadora social Verónica Pérez Calvo.

A técnica está dispoñible polas mañás no horario de atención ao público das oficinas municipais. Pódese concertar cita ou facer consultas telefónicas a través do 981 490 027.

Lea también

Publicadas las bases para los puestos de restauración del Festival de Ortigueira

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regulan los puestos …