Conferencia de Penas Patiño na SGHN de Ferrol, sobre a moratoria na caza de baleas en Galicia

Baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, o naturalista e socio fundador do antigo Grupo Ornitolóxico Galego e da SGHN, Xosé Manuel Penas Patiño, ofrecerá este sábado día 4, pola mañá unha conferencia titulada «A moratoria da caza de baleas en Galicia». A cita, organizada dentro do ciclo de conferencias «Xuntanzas Naturalistas» da Delegación de Ferrol baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, será ás 11:00 horas no salón de actos do Museo de Historia Natural en Ferrol.
 
Xosé Manuel Penas Patiño ten unha recoñecida traxectoria como ornitólogo e divulgador, sendo coautor da primeira guía de aves de Galicia en galego. Foi precursor no seguimento dos cetáceos nas costas galegas e da súa caza dende as factorías de Caneliñas e Morás, último reduto dunha etapa de intensas capturas que non respectaban os cupos oficiais e comprometían o futuro dos grandes cetáceos.
 
Patiño falará na súa conferencia sobre o papel que a SGHN xogou nesta época decisiva evocando as accións de investigación, divulgación e protección que caracterizan á entidade, así como a colaboración naquel tempo cun incipiente Greenpeace. A participación na conferencia non require inscrición previa e é de balde por vir patrocinada pola Deputación da Coruña, pero a entidade lembra que o aforo é limitado.

Lea también

El desprendimiento de un balcón provoca en Ferrol el corte de tráfico de un tramo de la calle Iglesia

  En la mañana de este jueves 13 de agosto, el desprendimiento de parte de …