Concerto de Miguel Lamas & Ardora no Pazo da Cultura de Narón

Tras máis de 25 anos de carreira e despois de tocar por unha infinidade de países con bandas e artistas de todo tipo, o músico galego Miguel Lamas (Ferrol, 1993) decide neste novo proxecto fusionar o mellor da música afro jazz, brasileira ou africana, con «recollidas» tradicionais de música popular galega, melodías e letras de tradición oral que se cantaban no momento de labranza nos pobos. Son cánticos cargados de emoción, nos que se expresan alegrías, perdas, amores… compostas de maneira espontánea en galego tradicional e que perduran no tempo grazas ao labor de múltiples musicólogos e estudosos da tradición oral.

En “Ardora”, estas melodías forman a base dunha música totalmente nova, na que a fusión é a clave fundamental, ademais da riqueza harmónica e, especialmente, rítmica.

Os músicos que forman parte deste proxecto, cada un de diferentes procedencias; virtuosos e recoñecido na súa área, crean un ambiente único e especial que destaca nos directos, onde a improvisación desempeña un papel moi importante. “Aluméame” é o segundo sinxelo do novo álbum. O seu novo disco, “30” foi composto baseado na música popular de raíz, fusionándose con ritmos brasileiros, africanos ou mesmo próximos ao jazz fusión e con cantos que nos retrotraen á época de labranza nos pobos galaicos. Co novo disco, nace unha banda bautizada como “Ardora”, con músicos de nivel internacional e de diversas nacionalidades.

 

https://youtu.be/bz6X_XnRXuo

Miguel Lamas empeza a tocar a batería con tan só cinco anos empezou a asistir a clases de teoría da música e batería. Traballou con artistas e bandas como Abraham Mateo, Raimundo Amador, Ou’FunkiIlo, David Bustamante, Soraya Arnelas, Lérica, Miguel Ríos, Andrés Suárez, Tomasito, Juanito Makandé, A Susi, Pepe Bao, Canijo de Xerez, Santiago Campillo, Carlos Segarra, Lin Cortés, Rafa Kas, Dean Bowman, Raynald Colom, Pablo Bicho, Dany Noel, Brothers in Band, Bellón Maceiras Quintet, Julie Guravich & Telespoting, tanto en vivo como en estudo, traballando tamén como produtor nalgúns dos álbums, así como en proxectos persoais como o trío de jazz fusión «1045» con Iago Mouriño e Octavio Vargas.

Traballou como produtor, realizando o primeiro disco de Olaya Alcázar: »Aquela Vez Que Decidín…» e o seu primeiro disco en solitario “Melted Lives” onde gravaron artistas como Tom Kennedy, Jorge Vistel, Gergo Borlai, Andreas Lutz… Actualmente traballa co seu propio proxecto, Miguel Lamas & Ardora, tocando en festivais de lugares de toda Europa, e tamén tocando en festivais de batería e facendo clinics en todo o mundo.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …