O BNG de Narón da a coñecer a súa postura sobre o pleno ordinario

O BNG de Narón a través dun comunicado expresa a súa postura e aclaracións con respecto ó pleno celebrado o xoves 26 de outubro. O BNG presentou unha segunda moción sobre a situación do transporte e a búsqueda de solucións

«A moción vén cos votos favorábeis de TeGa e PSOE e nela solicítase que a Xunta invista e que se mude o convenio do concello e Xunta para ter buses “lanzadeira” que comuniquen a cidade directamente cos polígonos de río do Pozo e as Lagoas “a mobilidade en Narón ten que ser un traballo de todos e todas e temos dous polígonos importantes que só podes acceder se tes coches; só podes ir traballar se tes coches»

«Isto ten que mudar e facerse de maneira efectiva para que a maioría da clase traballadora ou persoas que realizan cursos de formación en río do Pozo opten polo transporte público mais para iso ten que ser un servizo axeitado e non o que está acontecer cos servizos a escolares e doutro tipo concesionados con Monbús na nosa localidade , concesións que agora o mesmo Tribunal Supremo pon en dúbida”

O BNG vota a favor de todas as mocións presentadas no pleno e todas saen aprobadas. Agradecen desde o BNG «que a moción do 25 N que trata o tema da creación dun CIM fose aprobada por unanimidade»

O BNG de Narón ten un lema desde hai anos que indica “somos as do si” e “onte quedou demostrado de novo xa que votamos a favor de todas as mocións presentadas no pleno” indica a portavoz municipal , Olaia Ledo.

Ademais , consideran importante “o paso cara diante” de que saíse aprobada a moción co galo do 25N por unanimidade e a do transporte. «Unha inciativa comarcal esta última que en Narón presentábase coa particularidade de que piden “modificar o convenio do Concello e a Xunta para a posta en marcha de dúas liñas de buses directas ao polígono Río do Pozo e o das Lagoas “somos un concello industrial pero hoxe só podes traballar no polígono Río do Pozo se tes coche, posto que non hai outra maneira de chegar. A mobilidade é unha tarefa pendente en Narón e o transporte público ten que ser axeitado para a octava poboación deste país», declara Ledo

Se adxuntan as declaración de Olaia Ledo 

Moción comedores escolares PSOE

O BNG vota a favor porque «os puntos presentados foron modificados na súa totalidade cunha emenda do propio BNG. Na emenda pídese de maneira primeira que sexa a Xunta quen se faga cargo do servizo de madrugadores , ben en solitario ou ben co convenio co concello». «No caso de que a Xunta non aceptase, o concello xestionaría cunha licitación onde nunca as familias terían que pedir de maneira individualizada o servizo se non de maneira directa concello e empresa prestadora do servizo. Se esta posibilidade non existise volveríamos ao inicio»

Modificado de crédito. Punto cuarto.

«Facilitamos o modificado de crédito porque consideramos moi positiva os fondos para abrir unha oficina de asesoramento de “comunidades enerxéticas”: “levamos reclamando tempo este servizo para Narón e que hoxe a nosa demanda estea reflexada e que así beneficie a persoas particulares, asociacións ou mesmo empresas dunha solución que abarata o prezo da enerxía mais que sobre todo é ecolóxica e non deixa pegada polo seu km cero. Hai moitas posibilidades na eólica e Narón ten que camiñar sempre neste sentido” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG.

Mocións orzamentos Xunta e Deputación

Con respecto ó oramentos da Xunta o BNG de Narón expresa “votamos a favor das propostas aos orzamentos da Xunta aínda que considermaos que faltaría incluír un novo colexio para Xuvia e un pavillón para este barrio. Parécenos unha vergoña que a Xunta destine cero euros dos seus orzamentos en Narón e xa estamos elaborando as emendas para que o grupo parlamentar do BNG teñan en conta as necesidades da nosa cidade” indica Ledo, portavoz municipal

Con respecto á Deputación o BNG de Narón expresa que “por fin temos un concello que se responsabiliza do que ten que pedir; cansas estamos de pedir na Deputación unha solución para os viais da Deputación no noso concello. Non entendemos como gobernando tantos anos o PSOE en coalición non foi quen de conseguir un mínimo. Nós así o temos solicitado na Deputación e seguiremos. Isto é un traballo no que todos e todas temos que poñernos de acordo”

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …