Unha unidade móbil para a doazón de sangue visita Narón a vindeira semana

O vehículo estará o luns na praza da Gándara e o martes nas inmediacións do centro de saúde, tal e como informaron dende ADOS.
 
Fot. arquivo
Unha das unidades móbiles da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón os vindeiros luns e martes, día 30 de novembro e 1 de decembro, respectivamente. O luns o vehículo permanecerá operativo na Gándara, na rúa Pintor Sotomaior, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
 
Así mesmo, na xornada do martes a unidade estará nas inmediacións do centro de saúde, nese mesmo horario. As persoas doantes deberán levar tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico.
 
Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue e que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e no caso de acudir pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas.
 
Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

Lea también

A alcaldesa de Narón asina un convenio coa Red Española de Teatros y Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, asinou …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.