Jens Dekker e Laura Verdonschot vencen no Ciclocross Internacional Lago de As Pontes

Laura Verdonschot vencendo o Ciclocross Internacional Lago de As Pontes | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Este xoves festivo, desde primeira hora da mañá e ao longo de boa parte do día, tivo lugar no Lago pontés a Copa de España de Ciclocross Lago de As Pontes, nas categorías Master, Élite, Sub23, Junior e Cadete.

Nas féminas revalidou o triunfo do ano pasado a belga Laura Verdonschot, que tamén comanda a clasificación xeral. Segunda foi Sofía Rodríguez e terceira a cinco veces Campiona de España Lucía González Blanco. Cuarta e mellor sub23 foi a tamén belga Julie Brouwers.

Nunha carreira trepidante impúxose o holandés Jens Dekker, Campión Mundial e Europeo Junior en 2016. Felipe Orts non puido repetir o triunfo do ano pasado e quedou segundo o cinco veces Campión de España. A terceira posición foi para o belga Thijs Aerts. Cuarto e gañador sub23 Miguel Rodríguez e comanda a clasificación Kevin Suárez.

Jens Dekker vencendo o Ciclocross Internacional Lago de As Pontes | Xosé Ferreiro

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …