O Concello de Narón inicia mañá o proxecto “Tardes en espazo xove” na Casa da Mocidade

 O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, deu a coñecer na mañá deste xoves o proxecto “Tardes en Espazo xove”, que se iniciará este venres na Casa da Mocidade, na Gándara, e que se dirixe a menores de entre 12 e 16 anos da cidade. “Dende o venres e ata finais de decembro levaremos a cabo esta proposta, con numerosas iniciativas de ocio para que a mocidade poida desfrutar delas no seu tempo libre”, apuntou Santalla.

O edil avanzou que neste espazo de socialización funcionarán cada venres e sábado, de 17.30 a 20.30 horas, dende esta fin de semana ata finais de decembro –excepto os días 8 e 9 de decembro- catro espazos diferenciados: Gaming Space,unha zona de viodeoxogos; Zona cero, de xogos cooperativos (futbolín, dardos e xogos de mesa); O poder dos libros, de lecturaxuvenil e Crearte, un espazo creativo de debuxo e pintura. Cada, día, tal e como indicou, desenvolveranse tamén obradoiros sobre decorado da Casa da Mocidade, mandalas, customización de roupa e gorras, arte contra a violencia de xénero, xabóns artesanais, fotografía dixital…

As rapazas e rapaces que desexen asistir non terán que inscribirse previamente, senón que poderán participar neste proxecto municipal
achegándose á Casa da Mocidade nos días indicados.

A mocidade de Narón plantexounos as súas inquedanzas nos espazos de participación e a través deste proxecto, enfocado ás súas inquedanzas, gustos e afeccións, cremos que se atenderá unha necesidade que tiñamos na cidade nesta área, cunha oferta de lecer dirixida a un colectivo moi específico”, asegurou Santalla. O concelleiro animou ás mozas e mozos de Narón a acudir a estas convocatorias “co fin de desfrutar dun tempo de ocio e fomentar as relacións entre iguais”.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …