As Pontes celebra este domingo unha nova edición da Feira do Queixo e o Mel

Fot. arch

A parroquia pontesa de Goente acollerá o domingo, 8 de outubro, a XIII edición da Feira do Mel e o Queixo, unha proposta que ten como
obxectivo poñer en valor dous dos produtos esenciais da gastronomía do municipio.

A cita, organizada polo Concello das Pontes, en colaboración coa Casa do Mel de Goente e Queixerías do Eume, ten como en edicións anteriores “dar a coñecer e poñer en valor os produtos locais agroalimentarios diferenciados así como fomentar o seu consumo sendo ademais unha unha oportunidade para que as persoas visitantes poidan apoiar, de forma directa, a un sector económico que comporta importantes oportunidades de desenvolvemento para o medio rural”.

A cita que ten como finalidade promocionar e exaltar os produtos da gastronomía pontesa así como dinamizar ou sector primario, comezará ás 10:00 horas, coa apertura dos postos de mel e queixo de produtores locais e chegados desde diferentes puntos da
xeografía galega así como dos postos de artesanía e alimentación.

A partir das 12:00horas celebraranse dous talleres, un obradoiro infantil de cociña e outro obradoiro sobre hortos para abellas que terán continuidade a partir das 16:00 horas ata as 18:00 horas.

Ás 12:30 horas comezará unha degustación de petiscos elaborados a partir dos queixos de Eume e mel de Goente; unha proposta a través da que o Concello das Pontes quere poñer en valor a calidade, a versatilidade e as potencialidades do queixo e o mel local, por medio de diferentes degustacións.

Asemade habilitarase un servizo de comidas para o público asistente a través dunha pulpería e actuacións musicais, un espectáculo de xancudos e de malabrares amenizará a Feira do Queixo e o Mel ao longo de todo o día.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …