O Esteo non logrou impoñerse ao Xove no seu debut na casa

Instante do O Esteo – Xove | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Derrota do O Esteo 5-8 ante o Xove no seu debut na casa nesta liga tralo serio correctivo en Alba de Tormes (10-4), na 2º xornada da Segunda División «B».

O rival do debut era un dos equipos menos desexables desta liga, xa que o Xove conta con varios ex xogadores de Primeira División, comezando polo goleador Matamoros, ex Inter, Burela, Azkar, ou Manzanares nesta última etapa, ou o clásico Iago Míguez, tamén ex do Burela e Industrias García.

Incluso o cadro lucense se da o luxo de ter unha dupla brillante na portería para cada parte, co veterano Edu, case toda unha vida no Burela tras comezar no O Parrulo, e Brais, con experiencia en Primeira e Segunda División en cadros como o ferrolán, Noia ou Santiago Futsal.

O cadro visitante fixo gala da súa calidade e marchou ao descanso con 1-3, e pese a garra do O Esteo que foi quen de igualar 4-4 e 5-5, un golazo de Matamoros de falta pola escadra, e nos derradeiros instantes, xa con xogo de 5 para 4, outro gol do madrileño e outro de Iago Míguez a segundos do final situaban o 5-8 definitivo para un O Esteo sen sumar no casilleiro con próximo partido tamén na casa ante A Estrada.

O Esteo: Xeito, Héctor, Jandro, Jhony, Troncho – Sergio, Martín, Juan, Costi.

SD Xove: Edu, Iago, Matamoros, Manu, Francisco – Brais, Marcos, Renato, Gabriel, Rubén, Gomes, Alejandro.

Goles: 0-1, Manu (5´), 0-2, Rubén (9´), 1-2, Costi (12´), 1-3, Matamoros (14´). 2-3, Costi (22´), 2-4, Iago Míguez (24´), 3-4, Martín (25´), 4-4, Renato, pp (28´), 4-5, Renato (30´), 5-5, Sergio (31´), 5-6, Matamoros (33´), 5-7, Matamoros (38´), 5-8, Iago Míguez (39´).

Incidencias. Amarelas a Costi, Sergio, Héctor, Manu, Alejandro, Iago. Máis de 150 espectadores no Pavillón Municipal, moitos visitantes.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …