O BNG de Narón reclama melloras no Camiño da Revolta

O BNG de Narón reclama que as melloras que se están facendo no Camiño da Revolta, na parroquia de San Xiao, non rematen no acceso á escola infantil.

No Camiño da Revolta estase a realizar unha mellora de beirarrúas desde a estrada de Castela até o acceso á estrada que leva á escola infantil de Xuvia.

Unha parte de mellora moi pequena se se ten en conta a extensión do lugar.

Ós propietarios das beiras da estrada deste camiño fixéronselles as expropiacións pertinentes a finais dos anos 90 para as beirarrúas, ademáis da obriga de cada unha delas de ceder o espazo legal das súas fincas.

Desde aquela non se executaron as obras ata o de agora e “non entendemos que non se continúe con esta mellora ao longo da rúa nunha zona que hoxe soporta un tráfico de coches elevado e onde a veciñanza xa ten deixado ou lle foi expropiada a parte na que se debera ter as beirarrúas”, comenta Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón

Lea también

Últimos días para inscribirse no curso de ‘competencias clave’ do Plan Municipal de Formación en Narón

O Concello de Narón lembra que continúa aberto o prazo de inscrición para o curso …