Reapertura en Narón da piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara

O Concello de Narón reabrirá o vindeiro luns 18, a piscina polivalente do complexo polideportivo municipal da Gándara para nado libre.

As instalacións permanecerán abertas de luns a domingo, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que explicou que novamente este ano se aproveitou o parón realizado para levar a cabo tarefas de mantemento.

De luns a venres a piscina estará aberta para nado libre de 7.45 a 14.00, en quendas de 45 minutos e polas tardes, de 15.15 a 22.15 horas, tamén en quendas de minutos. Nas xornadas dos sábados e domingos poderase acudir ás sesións de nado libre en horario de mañá e tarde, nas quendas establecidas entre as 8.30 e as 20.30 horas en quendas de 45 minutos

O edil naronés recordou que tamén reabrirá o vindeiro luns a piscina terapéutica do complexo polideportivo municipal da Gándara, operativa nos mesmos horarios e quendas que o vaso polivalente.

Lea también

Axenda en Narón do 1 ao 3 de agosto de 2025

Venres 1 de agosto de 2025 -Actividade: 25 Oenach Atlántico. No Campo do Trece (Sedes), …