O vindeiro 22 de setembro celebrarase o Día
Mundial sen coche e con motivo desta efeméride dende o Concello deseñouse
un obradoiro de sensibilización dirixido a nenas e nenos: “Á Biblio sen fume”. A
edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha actividade a
través da que os menores aos que se dirixe, a partir de 5 anos, coñezan os
danos medioambientais que ocasiona o tráfico de vehículos a motor. Os
participantes convertiranse en peóns, ciclistas e patinadores/as nesta iniciativa,
que se levará a cabo o 16 de setembro na Biblioteca municipal.
A concelleira informou que o prazo de inscrición nesta actividade abrirá o
martes día 12 ás 16.00 horas, podendo tramitala de xeito presencial ou
chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura da
Biblioteca. Para poder participar, as nenas e nenos deben ter o carné da rede
de bibliotecas sen sancións pendientes.
Con motivo do Día mundial sen coche programouse esta actividade para
menores co fin de espertar a conciencia ecolóxica e promover diferentes
alternativas de transporte e mobilidade.