A segunda edición da “Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage” celebrarase esta fin de semana, o sábado 9 e o domingo 10, nas instalacións do pavillón da Mocidade, na Gándara.
A concelleira de Feiras do Concello de Narón, Mar Gómez, recordou que participarán no evento, con entrada de balde, unha trintena de anticuarios e anticuarias. O Consistorio naronense organiza a convocatoria xunto coa asociación Ferro Vello.
A feira abrirá as súas portas nas dúas xornadas en horario de mañá e tarde, dende as 10.00 ata as 14.30 e de 16.30 a 21.00. Durante este tempo as persoas que se acheguen ao pavillón da Mocidade poderán ver artículos e pezas antigas como vinilos, selos, arte sacra, mobiliario, obxectos de decoración, publicacións… que traerán os responsables dos postos, procedentes de concellos de Galicia e tamén do País Vasco, Castela León, Asturias e Portugal, entre outros.
“Durante estes dous días poderanse ver e adquirir unha ampla variedade de produtos nesta feira, un evento que é tamén un referente na zona para o sector e que tivo unha excelente acollida na súa primeira edición tanto entre os naroneses como entre persoas chegadas doutros concellos”, asegurou Gómez.