O Grupo Parlamentario do BNG vén de rexistrar unha proposición non de lei ao respecto das necesidades do CEIP San Xoán de Filgueira, no Concello de Ferrol.
Mon Fernández, deputado nacionalista pola comarca, e un dos asinantes da iniciativa, explica na presentación da mesma que “no CEIP San Xoan de Filgueira do Concello de Ferrol veñen de recibir a nova da eliminación dunha unidade de primaria por non chegar o número de matrículas a 18, xa que pecharon o prazo inicial de matrícula en 17. A comunidade educativa do centro xa se ten manifestado en contra desta decisión que cualifican como último inviste contra o ensino público por parte da Xunta de Galicia”
Engade o deputado do BNG que “desde logo non pode entenderse de outro xeito semellante rixidez á hora de adoptar unha medida de inevitables efectos pedagóxicos e sociais negativos para esa comunidade escolar. Mais inexplicable aínda semellante rixidez en canto esixencia de ratios mínimos cando o histórico do centro acredita que todos os anos o número de matrículas aumenta ao longo do curso”
Mon Fernández asegura que “desde o BNG compartimos as demandas da comunidade educativa e demandamos que a realidade específica de cada centro, a realidade do contexto social e o papel que xoga o centro educativo no seu ámbito de influencia deben ser analizados tomados en consideración. E demandamos a corrección inmediata da política educativa que a Xunta de Galicia leva aplicando durante estes 14 anos de goberno do Partido Popular, de recortar recursos e servizos no ensino público para favorecer a competencia dos centros concertados”
Por estes motivos o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate na comisión 4ª:
“Que a Xunta de Galicia manteña todas as unidades actuais no CEIP San Xoan de Filgueira do Concello de Ferrol”