O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol a través dun comunicado afirma que «considera que a proposta formulada polo Partido Popular para modificar o Regulamento Organico de Funcionamento do concello de Ferrol pretende limitar o debate e a participación política e crear unha administración paralela lonxe do control do resto de organizacións políticas que conformamos a corporación municipal»
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinala que «resulta curioso que unha porposta que no ano 2008, a iniciativa do socialista Vicente Irisiarri, para o señor Rey Varela era, literalmente: unha proposta destinada a enchufar a 10 persoas e supoñía restar participación à oposición” hoxe sexa para Rey Varela unha proposta aceptable»
Rivas destaca «que isto non é máis que unha nova mostra da incoherencia do actual alcalde da cidade e da hipocresía do Partido Popular, porque ademais preténdese facer sobre a base dun acordo do ano 2004 que incorporaba a Ferrol á Lei de grandes cidades e sobre o que existen moitas dúbidas de que poida estar en vigor»
Para o BNG «esta proposta pretende impedir que os colectivos e veciños desta cidade poidan participar dos debates plenarios ao limitar a duas as mocións que os grupos podan presentar nas sesións plenarias, cando todas sabemos que son estas iniciativas ás que a veciñanza e os colectivos empregan para poder canalizar as suas demandas»
Así mesmo pretende «crear unha administración paralela a traves de 3 novos postos de drección que non teñen que ser funcionarios. O alcalde desta cidade se salta os principios de mérito, capacidade e igualdade co obxecto de poñer o concello de Ferrol ao seu servizo e aos seus intereses e isto está lonxe de resolver o problema estrutural de persoal que ten este concello mediante a incorporación de funcionarios e funcionarias ao seu organigrama xeral»