Presentación na Casa da Cultura de Neda da Revista de Poesía Galega en Madrid Olga

Numeroso público congregábase o xoves 28  á tarde no salón mde actos da Casa da Cultura de Neda para asistir á presentación do último número da Revista Olga editada pola asociación cultural Río Xuvia.

O escritor e director da publicación, Vicente Araguas, conducía o acto acompañado de Manuel Pereira Valcárcel, secretario de redacción da revista, que neste volume, o 12º, leva por título “Diversións”.

Diversións no sentido da diversidade de autores que se recollen nas súas páxinas, e tamén do sentimento que espertou o proceso de selección nos promotores da publicación.

Autores diversos como Robert Lowell, Bob Dylan, Philip Larkin, Idea Vilariño, Antonio Martínez Sarrión… e un longo etcétera. Autores de lingua inglesa, italiana, francesa, checa, alemá, catalán, euskera e castelán traducidos ao galego polo propio Vicente Araguas, Klára Goldstein, María Pereira Rico, José Luis Garrosa, Manuel Pereira Valcárcel, Rafa Yáñez, José Miguel González Soriano e Karlos Cid Abasolo.

Unha publicación que xa está na Biblioteca Municipal de Neda, e que pode adquirirse mediante suscrición ou venda directa (solicitándoa nos correos manuelpereiravalcarce@gmail.com ou ryjato@ucm.es).

Dende os seus inicios, o Concello de Neda, e tamén a Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a revista que, como ben definiron algúns dos intervintes onte, é a día de hoxe, na era dixital, un acto de valentía e de rebeldía.

Ese apoio non fai casual a súa presentación en Neda, edición tras edición. E na do citado xoves co magnífico broche de ouro que puxeron escritores de Neda ou enraizados en Neda como Xoán García e Antonio Polo, os autores Ana Varela e Carlos Neira, e a animadora sociocultural Copi Villaamil. Facíano a través das súas voces, reunidas nun magnífico recital poético.

Lea también

Más de 3.600 estudiantes realizarán los exámenes de la PAU en la UDC desde este martes

El campus de Ferrol acogerá a 795 aspirantes. Un total de 3.639 estudiantes realizarán desde …