O BNG de Ferrol lamenta «a volta atrás do PP na recuperación das rúas para a xente»

Fot. Galicia Ártabra

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lamenta «a volta atrás que inicia o alcalde da cidade a respecto da recuperación do espazo público para as persoas en Ferrol coa apertura, de novo, ao tráfico das rúas que rodean a praza de Armas»

Iván Rivas sinala «que mentres cidades como Pontevedra levan décadas traballando e avanzando na recuperación de espazos peonís para as persoas Ferrol da un paso atrás neste proceso a pesar de que nesta cidade nunca existiu unha política decidida neste senso»

O BNG censura «este cambio de postura dun camiño que hoxe ninguén cuestiona a excepción do PP e o alcalde desta cidade»

Para o BNG Ferrol «debería acelerar e reforzar este proceso co fomento do transporte público e a recuperación do espazo público para a xente. Así mesmo e tendo e conta o pouco que nisto se ten avanzado no centro da cidade volver a tempos pasados onde se prioriza o coche ás persoas é un camiño equivocado»

Lea también

Abiertas al tráfico la carretera de Catabois y la calle Breogán, ésta en doble sentido de circulaciòn

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, destacó al mediodía de este viernes, día …