Axenda en Narón do 19 ao 24 de xullo

Mércores 19 de xullo

-Actividade: ConferenciaViaxar soa?” ás 19.00 horas na Sala multiusos da Biblioteca municipal.

A viaxeira e cooperante nedense Paula Paz falará sobre as súas experiencias viaxeiras polo mundo e como afrontar os retos que xorden polo camiño e algunhas das anécdotas vividas dende que con 21 anos se foi a vivir soa a Bolivia, onde estivo seis meses.

Xoves 20 de xullo 

-Actividade: Cine de verán, “Trolls 2” na Rúa Francisco Pizarro (A Solaina) ás 22.30 horas.

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Venres 21 de xullo 

-Actividade: Cine de verán, “Spirit indomable» na Praza do colexio de Xuvia ás 22,30 horas.

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

-Actividade: “XXXV Rally Cidade de Narón” as 22.30 na Praza do colexio de Xuvia.

Ás 16.00 horas terá lugar o shakedown de todos os equipos, en San Xiao, e que rematará ás 17.30 horas.

Sábado 22 de xullo 

-Actividade: “XXXV Rally Cidade de Narón”, dende as 07.30 horas –Saída do Centro Comercial Odeón.

O Concello organiza xunto coa Escudería Siroco Narón este evento deportivo. Participarán un total de 78 vehículos que percorrerán uns 120 quilómetros en cinco tramos cronometrados polos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas, Moeche e Cerdido. A entrega de trofeos está prevista sobre as 21.15 horas nas inmediacións do Centro Comercial Odeón.

-Actividade: Cine de verán, “Spirit indomable», na  Praza do colexio de Xuvia ás 22.30 horas .

O Padroado da Cultura organiza este ciclo en colaboración coa Deputación

Domingo 23 de xullo

-Actividade: «Verde que te quero verde «; a  partir das 12.00 horas na Praza Irmás Freire (Xuvia)

O Concello de Narón organiza un ano máis esta convocatoria a través do Padroado da Cultura. “Cé Orquestra Pantasma” e “Abril” son as dúas propostas culturais deste domingo. A entrada é de balde.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …