O venres 16 remata o período de inscrición dos campamentos de verán do Pazo de Cultura de Narón

O prazo de inscrición nos Campamentos Culturais do Pazo da Cultura remata este venres 16, unha xornada na que se poderán anotar menores censados en Narón pero tamén noutros concellos.

A última hora deste xoves 15, rematadas as inscricións do día, quedaban vacantes un total de 25 prazas: dúas para nenos de 10 a 12 anos na quenda do 3 ao 14 de xullo e seis prazas, para menores desa mesma idade, na quenda do 17 ao 28 de xullo.

Así mesmo, hai vacantes para a quenda do 31 de xullo ao 11 de agosto, en concreto dúas para nenos de 3 a 5 anos; sete para os de 6 a 9 anos e oito para os de 10 a 12 anos. As persoas que se acheguen a realizar inscricións só poderán facelas de membros da súa unidade familiar.

Os Campamentos culturais de verán ofertaron un total de 225 prazas e desenvolveranse do 3 de xullo ao 11 de agosto, en tres quendas con grupos de menores de entre 3 e 12 anos.

O prezo por quincena é de 50 euros e as inscricións deben tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura, rúa Holanda s/n en horario de 9.00 a 13.00 horas

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …