O BNG de Ferrol afirma que dará resposta ás necesidades do deporte base

Iván Rivas, candidato do BNG à alcaldía de Ferrol, mantivo este xoves, día 25, un encontro con clubs deportivos da cidade que desenvolven parte ou toda da súa actividade no complexo deportivo Javier Gómez Noya en Caranza na que explicou que o BNG «considera prioritario mudar a política deportiva municipal e para iso é fundamental a creación dun ente municipal capaz de xestionar as instalacións deportivas municipais e canalizar as demandas e neecesidades dos clubs da cidade»

Iván Rivas, candidato do BNG, afirmou que «como se ten visto ao longo dos últimos anos Ferrol ten que ampliar ou reorientar as piscinas municipais que na actualidade se amosan insuficientes para cubrir a demanda, tanto dos clubs federados, como dos veciños da nosa cidade polo que é preciso valorar a ampliación da piscina de caranza e reorientar a actividade da piscina da Malata cuxa xestión actual leva caducada desde o ano 2019»

Iván Rivas afirmou qiue o BNG «é coñecedor do estado das instalacións deportivas municipais e avanzou un programa de recuperación das mesmas para poñelas nunhas condicións nas que se poida prácticar a actividade deportiva. Asi mesmo considera que Ferrol precisa dotarse de novas instalacións polivalentes que permitan dotar a cidade dun campo onde poder desenvolver partidos de rugby nun terreo de xogo que cumpra coas medidas requeridas pola federación para partidos en todas as categorías»

Mención especial para o BNG e a aposta polos deportes naúticos na cidade e principalmente polos deportes «tan ligados a nosa cultura tradicional como o remo». Para o BNG «é fundamental a mellora das instalacións da Cabana e a necesaria construcción dun pantalan que facilite a actividade a estes clubs deportivos»

Iván Rivas sinalou que o BNG «aspira a convertir a actividade física nun elemento transversal na política da cidade atendendo outros aspectos como a práctica socio-deportiva na cidade máis alá da actividade federada e se contemple a práctica deportiva dos veciños de Ferrol ben sexa por saúde ou mesmo por ocio»

Así mesmo dende o BNG se quere ter en conta «as mulleres en relación a posibilidade de acceso a practica deportiva tendo en conta a conciliación ou necesidade de espazos seguros. De igual xeito, debe terse en conta o que supón o deporte como unha mellora da saúde e pola posibilidade de socialización»

 

Lea también

Se repitió juicio contra el acusado de abusar sexualmente de un menor, en Ferrolterra, de absuelto a pedir 10 años de prisión

Un hombre acusado de abusar sexualmente de un menor, en agosto de 2020 en el …