Pontedeume celebra o Día das Letras Galegas con numerosas actividades

O Concello de Pontedeume presenta o programa de actividades con motivo do Día das Letras Galegas 2023.

As actividades desenvolveranse este mércores, 17 de maio, e inclúen unha serie de actos, concertos, e un roteiro artístico e cultural por toda a vila.

Por unha banda, o mércores 17 de maio entregarase, ás 11:00 na casa do Concello, o premio do XXXIII Concurso de Contos Vila de Pontedeume. Seguidamente, ás 12:30, a AFC Orballo ofrecerá unha actuación.

Por outra banda, ás 12:00, o Ateneo Eumés, xunto co Coletivo Terra e o Concello de Pontedeume, realizará un roteiro artístico e cultural por toda a localidade. Este comenzará nos Xardíns de Lombardero e percorrerá diferentes sitios da vila para rematar preto das 14:00 da tarde.

Ademais do roteiro, nos Xardíns de Lombardero haberá visitas guiadas ás 17:00. As inscricións deberán realizarse na Oficina de Turismo, localizada no Torreón dos Andrade, no número de teléfono 981 430 270 e no correo electrónico oficinaturismo@pontedeume.gal

Tamén o propio mércores 17 de maio organizarase na Igrexa das Virtudes o festival «Letras Galegas»; a partir das 19:30, coa actuación da Coral Polifónica Ferrolana A Magdalena, de Ferrol, Los Trasnochadores del Eume, de Pontedeume, e o Coro Alegre Intermezzo, de Pontedeume.

Lea también

El concello de Pontedeume finalizó las obras de mejoras del «camiño da Torre»en Campolongo

El Ayuntamiento de Pontedeume informa de que ya están finalizados los trabajos de pavimentación y …