Neda conmemora as Letras Galegas cunha obra de Fantoches Baj

O Concello de Neda adiará ata o domingo a conmemoración do Día das Letras Galegas que, como é sabido, este ano se dedica a Francisco Fernández del Riego.

No marco do programa “En maio, flores e letras” programarase o novo espectáculo para o público infantil de Fantoches Baj, baseado na obra Galicia do autor homenaxeado.

“A viaxe feliz de Ramón Sanfiz” é o título desta proposta, que chegará á Casa da Cultura, o día 21 ás 12 horas, e que combina narración oral e monicreques. Nela Ramón Sanfiz “aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo” contando ao público infantil a viaxe realizada dende a súa vila ata San Andrés e as historias de xente que coñeceu.

Esta produción de novo cuño de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz.

As entradas poden reservarse, contactando coa Biblioteca Municipal ata o venres de 9 a 13 e de 16 a 19 horas a través do teléfono 981 39 02 33

O programa “En maio, flores e letras” está organizado polo departamento de Cultura, e conta co apoio da Rede de Dinamización Libgüística da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …