O Concello de Narón celebrará o Día das Letras Galegas con varios actos na Praza da Lectura

As alcaldesa da Narón, Marián Ferreiro, presentou no Concello xunto coas edís de Ensino, Mercedes Taibo, Cultura, Olga Ameneiro e Festas, Natalia Hermida, os actos do programa “N de Narón. A festa das letras”, organizados para conmemorar este mércores 17 o Día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego. As diferentes propostas, con acceso de balde, desenvolveranse na Praza da Lectura, xunto ás Vivendas da Mariña (Sata Icía), en horario de mañá e tarde.

A programación comezará ás 12.00 horas, cun espectáculo musical a cargo de Brais das Hortas: “Consertasso na horta”. A continuación, ás 13.00 horas, terá lugar outra actuación musical, nesta ocasión a cargo de Mamá Cabra, con temas do seu traballo “Ondamini”. Pola tarde continuará a festa a partir das 17.00 horas, cando dará comezo a actuación do Coro Peque Solidarium do Concello de Narón, integrado por menores de 6 a 11 anos. Ás 17.30 haberá un espectáculo de clown, con AsSircópatas, que amenizarán ao público coa proposta “Rogelio, un pallaso en recuperación” e finalmente, ás 18.30 comezará o concerto de Supermeiga.

Dende o Concello indicaron que ao longo de todo o día haberá un obradoiro de imprenta ambulante a cargo de Alouette Machine, de 12.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 19.30 horas. A maiores, poderase visitar o espazo de lectura e libraría habilitado para a ocasión. Así mesmo, estarán presentes cun espazo propio as librarías Pasapáxina e Day e haberá sinaturas de libros con autores. A escritora Ana Meilán firmará exemplares de 13.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.00 e o escritor Antón Cortizas dende as 17.30 ata as 18.30 horas.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …