Instalación en Narón de máis de medio cento de colectores de pilas usadas

O concelleiro de Servizos do Concello de Narón, Ibán Santalla, informou da instalación de algo máis de medio cento de colectores de pilas usadas en edificios e escolas municipais.

“Este novo servizo, incluído no contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns, favorecerá aínda máis a reciclaxe das pilas usadas, que tamén se poden depositar nos novos puntos limpos de proximidade e no Punto Limpo localizado no polígono de Río do Pozo”, explicou.

A Casa da Mocidade, o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, o Auditorio municipal, o Pazo da Cultura, a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal, os centros de maiores, Aldea Nova, o Muíño de Pedroso, as instalacións do Speis e de Sevizos, os centros cívicos sociais da zona urbana e rural, o campo de fútbol do Feal e o pavillón da Gándara son, a maiores dos centros de ensino, os espazos nos que se instalarán os colectores.

O edil de Servizos apuntou que “as pilas teñen unha serie de compostos químicos que teñen efectos nocivos no medio ambiente, polo que é moi importante concienciarnos da importancia de depositalas nos colectores axeitados, ao igual que outros materiais e produtos”, ao tempo que agradeceu a implicación veciñal en materia de colaboración.

Lea también

Herido el conductor de un camión que quedó volcado en una carretera de Narón

Un hombre de 34 años ha resultado herido en la mañana de este miércoles en …