Celebrado o pleno extraordinario en Narón para designar aos presidentes e vogais das mesas electorais do 28 de maio

O Concello de Narón acolleu éste martes día 2, ás 9.30 horas, un pleno extraordinario para designar aos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios municipais do vindeiro 28 de maio.

O sorteo realizouse mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio. No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol– nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).

Lea también

Narón celebra a III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto este sábado en Pedroso

Os tickets para a cea popular poden adquirirse na cantina da Sociedade Cultural e Recreativa …