O mércores 26 remata o prazo para adherirse á campaña «Merca en Narón»

Os titulares de establecementos comerciais da cidade que desexen adherirse á campaña “Merca en Narón” poderán anotarse ata este mércores, día 26 de abril , incluído. Así o recordou a concelleira de Promoción Económica, Natalia Hermida, destacando a iniciativa posta en marcha polo Concello e na que colabora a Asociación de Comerciantes de Narón.

A campaña desenvolverase do 2 ao 12 de maio na cidade e os comercios que se sumen a esta iniciativa recibirán uns rasca e participa –repartiranse 34.000- para entregar á clientela polas súas compras. En total repartiranse máis de 8.000 premios directos, entre os que hai: tarxeteiros, bolígrafos, chuvasqueiros, tazas, xogos de mesa, xogos de palas de praia, bosas reutilizables… Ao remate da campaña sortearanse dez viaxea valoradas en cen euros cada unha e para poder participar as persoas interesadas terán que depositar nunha urna dos establecementos participantes o rasca e gaña cos seus datos persoais cubertos.

As persoas que desexen participar teñen que enviar un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es , indicando no mesmo o nome e a dirección do establecemento participante, o da persoa de contacto, un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico. Así mesmo, tamén se pode solicitar máis información sobre a campaña “Merca en Narón” chamando ao teléfono 981 337 700 (extensión 1204).

Lea también

Piden 24 años de prisión por abuso y agresión sexual a la hija de su pareja, en Narón

La Fiscalía solicita penas que suman 24 años de prisión para un hombre acusado de …