O Esteo logra unha importante victoria ante o Ribeira

Instante do O Esteo – Ribeira | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Importante vitoria do O Esteo ante un rival directo como o Ribeira de Piquín nun duelo moi igualado que non se resolveu ata os últimos minutos.

Tras chegar ao descanso 3-2, despegouse un pouco o cadro local co 5-3, tras un golazo de Jandro pola escadra e un moi bo de Jhony que pica o balón ante a saída do porteiro.

Co porteiro xogador os visitantes ampliaron ata un 7-3 que parecía definitivo, Héctor aproveitou un balón morto dentro da área, e Jandro marca tras varios regates, pero nin moito menos estaba o partido resolto porque os lucenses recurtaron ata o 7-5 definitivo co cinco para catro, pero non houbo tempo para máis.

Os ponteses son quintos pola cola, o primeiro dos salvados, pero con 32 puntos e cun colchón de catro sobre o Sala Ourense.

E terán que seguir sufrindo os de Senen e Fran cun plantel de apenas seis xogadores voluntariosos acompañados polos rapaciños da canteira. Jandro anotou hoxe o seu gol número 40 nesta Liga.

O Esteo: Xeito, Héctor, Jhony, Jandro, Troncho – Cokito, Eloy, Sergio.

Ribeira: Areñas, Carlos, Regueiro, Quintela, Aguadelo – Dani, Rubas, Christian, Gabri.

Goles: 1-0, Jhony (6´), 1-1, Aguadelo (10´). 2-1, Cokito, (12´), 3-1, Jandro (18´), 3-2, Carlos (19´). 4-2, Jandro (27´), 4-3, Dani (28´), 5-3, Héctor (30´), 6-3, Jhony (34´), 7-3, Jandro (35´), 7-4, Quintela (36´), 7-5, Gabri (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Jhony, Troncho, Fran; Rubas, Regueiro, David. Uns 150 espectadores no Pavillón Municipal, moitos visitantes.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …