Aclaracións sobre a rehabilitación e mellora da Ponte de Pedra de Pontedeume

Fot-arquivo

O concello de Pontedeume nunha nota informativa tras o anuncio realizado a pasada semana en relación co proxecto de rehabilitación e mellora da Ponte de Pedra e ante as dúbidas xeradas por unha simulación remitida á prensa, aclara varias cuestións reativas ao tema.

«En primeiro lugar, deixar claro que esa simulación realizouse en base ao proxecto redactado orixinalmente, e do que varios aspectos estéticos foron xa modificados por petición dos dous Concellos, polo que o acabado da ponte non será o que se ilustra nesa imaxe.

Entre outras cuestións, dende os Concellos de Pontedeume e Cabanas trasladamos meses atrás a necesidade de manter as luminarias existentes, máis acordes cunha ponte histórica, que as propostas no proxecto; aportación que foi ben recibida polos responsables do Ministerio.

Así mesmo, tanto a baranda como o petril que separará a beirarrúa da zona de tránsito de vehículos, terán acabados distintos aos que reflexa a mencionada simulación, máis acordes tamén coa estética da actual ponte.

Neste senso, compre aclarar tamén que a actual balaustrada, fabricada en formigón, data dos anos 60, cando se construíron as beirarrúas da ponte, xa que antes non contaba con eses elementos, e substituíu á existente naquel momento (feita de cantería da que se conservan algúns elementos que foron reutilizados no mirador de Breamo) porque tendo en conta que a beirarrúa voa sobre o mar, a plataforma non podería soportar tanto peso.

O proxecto contempla tamén a rehabilitación e limpeza da parte histórica da mesma. Concretamente recuperaranse as canterías danadas ou desaparecidas, co rexuntado, limpeza e retirada da vexetación existente, entre outras actuacións.

En próximas datas, cando queden definitivamente definidos os aspectos estéticos, publicarase a simulación do acabado final. Grazas a todos e todas polo voso interese».

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …