O Concello de Narón adquiriu recentemente dúas fincas na parroquia de Piñeiros para ampliar a rede de estacionamentos de proximidade no citado barrio. Este ano adquiriuse unha parcela na rúa San Luis, de aproximadamente 900 metros cadrados e onte mesmo aprobouse no pleno a adquisición doutra parcela na zona do Ponto de 2.370 metros cadrados con ese mesmo fin.
En conxunto, o goberno local de Narón destinará uns 55.000 euros a habilitar dous novos estacionamentos de proximidade en Piñeiros. Complétase deste xeito unha rede de estacionamientos disuasorios en diferentes puntos de Narón, que contará cun total de sete nas diferentes parroquias da zona urbana do termo municipal.