Conferencia sobre «Que ten que ver a comida coa saúde mental?» no Centro Cívico Social do Alto.

O ciclo de conferencias do programa municipal do Concello  Narón “A saúde mental é cousa de todos e todas” continuará o sábado 25 de marzo cunha conferencia sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”. A cita, aberta á asistencia da cidadanía en xeral (ata completar a capacidade da sala), terá lugar no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro a partir das 11.00 horas.

Nesta ocasión abordarán o tema a tratar a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero. As persoas que acudan terán a oportunidade de intercambiar opinións sobre a citada temática neste encontro, programado a través do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental.

Dende o Concello animouse á cidadanía a acudir á convocatoria, incidindo en que se trata dunha temática de gran actualidade e importancia para a sociedade en xeral. “As tres conferencias anteriores tiveron unha excelente acollida por parte das veciñas e veciños e continuaremos programando actividades ata o mes de xuño centradas na importancia da saúde mental”, avanzaron dende o Concello de Narón.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …