Axenda en Narón do 24 ao 26 de marzo de 2023

Venres 24 de marzo

-Actividade: “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”.

Representación de “Feirantes” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura de Narón.  A actriz Imma António protagoniza esta peza da compañía Teatro do Noroeste, unha homenaxe ás persoas máis curiosas que viven nas aldeas galegas e tamén ao novelista galego Álvaro Cunqueiro. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

 Sábado 25 de marzo 

-Actividade: “X Torneo de esgrima Cidade de Narón” 

O Concello colabora coa Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (ANEA) na organización deste torneo no Pavillón da Mocidade (A Gándara), que inclúe ás 10.00 horas un torneo de espada e broquel, ás 12.15 outro de espada longa e pola tarde, ás 16.15 un de espada roupeira. A entrada é de balde.

-Actividade: “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”

A dietista e nutricionista Almudena López e psiconeuroinmunóloga Esther Otero impartirán unha nova conferencia do programa municipal “A saúde mental é cousa de todos e todas” as 11.00 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro . A entrada é de balde. 

-Actividade:  “A oca de Andersen”

A obra de Hans Christian Andersen centra esta actividade, dirixida a menores a partir de 5 anos e na que serán os protagonistas dunha
adaptación do clásico xogo da oca. O Concello organiza a convocatoria para conmemorar o Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Será as 11. horas na Biblioteca Municipal. Para participar é precisa inscrición previa.

– Actividade: “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”.

Representación de “The Witch, un espectáculo ritual” as 20.00 horas no Pazo da Cultura . A actriz galega Diana Seira é a protagonista deste espectáculo, unha peza ritual cunha cómica, unha menciñeira e unha acusada. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

-Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia

O Concello organiza unhas visitas guiadas ao muíño de Xuvia nas que se ofrecerá información sobre os traballos e se poderá ver o resultado do proxecto de rehabilitación antes de proceder a iniciar as labores de musealización da construción. O acceso será por grupos, dous de xeito simultáneo, e orde de chegada ás inmediacións do muíño. Hora: 16.30 a 20.30

Domingo 26 de marzo 

-Actividade: Visitas guiadas ao muíño de Xuvia; de  10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00 horas no Muíño de Xuvia.

-Actividade: “VIII Festival Internacional do monólogo teatral Singular”.

Representación de “Filipa cos contos” ,as 18.30 horas no Pazo da Cultura (Café Teatro). A proposta para público familiar e infantil desta semana correrá a cargo da compañía galega A Banda Azul, co actor Fran Campos ao que acompañará unha amiga moi peculiar, Filipa. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …