Charlas sobre o control da vespa velutina nos locais sociais de Pedroso e San Mateo.

O Concello de Narón  colabora coa Asociación Galega de Apicultura, e tamén coa Sociedade Cultural A Pombiña e a Agrupación veciñal de San Mateo, na organización de dúas charlas que se levarán a cabo  no marco da campaña “Stop vespa velutina”. As convocatorias realizaranse o  luns 27 de marzo  ás 19.00 horas no local de “A Pombiña”, en Pedroso, e o martes 28 ás 18.30 horas no local social da Agrupación Veciñal San Mateo, e están abertas á participación da cidadanía en xeral.

O técnico apícola Rafael Nieto será a persoa encargada de impartir as charlas, nas que se falará sobre o control primaveral de raíñas e como evitar niños próximos ás vivendas, a fabricación de trampas e atraíntes, actuacións ante niños (aviso, retirada e precaucións) e primeiros auxilios por picaduras.

Dende a Asociación Galega de Apicultura inciden na importancia de concienciar á veciñanza sobre os riscos que supón ter cerca das vivendas un niño de vespas velutinas. Así mesmo, recalcan que o xeito máis eficaz para contener a propagación desta especie é reducir o número de raíñas cando saen da súa hibernación, para o que resulta fundamental o trampeo na tempada de primavera, entre os meses de marzo e maio.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …