Aberto en Narón ata o 20 de marzo o prazo de matrícula nas tres escolas infantís

O prazo de matrícula nas tres escolas infantís municipais de Narón rematará o 20 de marzo. Para o vindeiro curso escolar 2023-2024 os centros da Solaina, A Gándara e Piñeiros ofertan un total de 126 prazas para menores de 0 a 3 anos, tal e como apuntou a edil de Ensino, Mercedes Taibo.

As matrículas poden tramitarse a través do Rexistro municipal, de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas, ou na Sede Electrónica de Narón.

Na escola infantil da Solaina hai dispoñibles 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2 e 15 para os de 2 a 3. Na da Gándara tamén se ofertan 16 prazas para menores de 0 a 1 anos; 13 para os de 1 a 2, e 14 para os de 2 a 3. Na escola infantil de Piñeiros o número de prazas é de 16 para nenas e nenos de 0 a 1 anos; de 11 para os de 1 a 2 e de 12 para os de 2 a 3.

A través da web municipal buscocole.naron.es as familias dispoñen de completa información e orientación sobre os centros de ensino da cidade.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …